XXIV Premios da Gastronomía de Galicia

0

Lalín, 23 de xaneiro do 2018 – Hortensia Gómez Fraga do Restaurante A Gabeira (Ferrol), Alberto García García, do Mesón de Alberto (Lugo), Mª Jesús Estévez Feijóo, do Restaurante O Coto (Ourense) e Saladina Albar Fernández do Restaurante Casa Otilio (Campelo-Poio) foron recoñecidos polo xurado dos XXIV Premios da Gastronomía de Galicia reunido no concello de Lalín na modalidade “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación especialmente destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas.

Javier Olleros, do Restaurante A Culler de Pau (O Grove) foi distinguido como o profesional que máis sobresaíu na potenciación da cociña galega dentro de Galicia e Adolfo Escobar Ferreiro do Restaurante O Recanto (San Sebastián de Los Reyes) pola potenciación da cociña galega fóra de Galicia.

Tamén foi premiada a entidade Padín Eventos pola Guía de vinos y licores de Galicia, dentro da modalidade de “empresa ou entidade que máis contribuíu á promoción da gastronomía e dos produtos galegos”. Finalmente, Bico de Xeado de Granxa O Cancelo, pertencente á Coop. Agraria Provincial de A Coruña, levou o premio ao pequeno produtor galego.

O tribunal estivo formado polo alcalde de Lalín, Rafael Cuíña como presidente, polo secretario xeral do Concello de Lalín e por representantes do Centro Superior de Hostalería de Galicia, da Asociación de Amigos da Cociña Galega, do Club Gastronómico Rías Altas, da Asociación Gastronómica Xantares, por membros de Eurotoques, Lareira e Xantares, polo delegado de Eurotoques en Galicia e por representantes da Asociación Nove Grupo Gastronómico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies