XXIV Xornadas arredor da Camelia

0

Vedra, 23 de febreiro do 2019 – O concello de Vedra acolle este domingo, na antiga estación de ferrocarril de Santa Cruz, as XXIV Xornadas arredor da Camelia.

A inauguración das Xornadas arredor da Camelia  correrá a cargo da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, a partir das doce e media. A esa hora tamén asinarase un acordo de inicio do Pacto de Amizade entre os concellos de Vedra e Capannori (Italia) coa presenza de Lia Chiara Micciché, asesora en Políticas Sociais, Xuventude e Innovación no municipio de Capannori.

A continuación entregaranse os premios e agasallos de participación para as mostras de Flor e Ornamentación con Camelia.

A partir das dúas da tarde terán lugar os concertos da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla e da agrupación da Ulla Deza Brass Band.

A xornada matinal rematará as dúas e media cun viño galego.

Obradoiros, exposición e música

A tarde terá actividades de todo tipo e distintas actuacións musicais co seguinte programa

16:30 h. Obradoiros infantís.

18:00 h. Actuación do grupo de pandereiteiras da Asoc. Cultural Raiolo.

18:30 h. Entrega de premios do 19° Concurso de debuxo infantil da camelia.

19:00 h. Isla LetrisKa: Letriska Inmobile, espectáculo de clown e malabares.

20:00 M Clausura e peche das mostras cun atranque infantil dos Xenerais da Ulla.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial