Vedra, 9 de setembro do 2017 – Setembro é o mes dunha das carreiras populares máis duras de Galicia, a subida a Gundián en Ponte Ulla, Vedra.

 

A subida a Gundián son pouco máis de 8 kilómetros, dúas voltas a un percorrido de 4Km., nos que apenas 200 metros son en chairo, o resto subidas ou baixadas.

Un circuíto dos máis duros de Galicia que chega a súa vixésimo sexta edición e do que falamos con Moncho Millán, presidente da asociación de veciños de Ponte Ulla. Unha proba que como nos explica naceu de xeito casual para intentar dar un pouco máis de pulo ao segundo día das festas

A idea funcionou tan ben que hoxe é máis coñecida a carreira que a propia festa, unha proba que converteuse en algo moi especial para todos os veciños

Na organización participan todas as parroquias da contorna e participan moitos veciños, incluído o alcalde que corre tódolos anos

Da subida a Gundián Moncho nos explica que se trata dunha proba corta pero moi dura

A cita mañá domingo a partir das 10.30 da mañá, en Ponte Ulla. Tanto si se anotou un como si só se quere ver correr e disfrutar duns espazos únicos a subida a Gundián é unha das mellores opcións para pasar a mañá. Para que vexades o ambiente vos deixamos unha galería da edición 2016, as bodas de prata.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies