XXVII Encontro de Grupos de Danza Rexionais en Ordes

0

Ordes, 28 de xuño do 2019 – O domingo 21 de xullo é a data escollida para a celebración do XXVII Encontro de Grupos de Danzas Rexionais, organizado polo Grupo de Danzas AA.CC Veciños de Leira en colaboración co Concello de Ordes.

O Encontro de Grupos será a partir das 18 horas no campo da festa de Leira, situado a carón da capela de Santa Eufemia.

Nesta ocasión serán media ducia as formacións e grupos que participen. Ademais dos anfitrións, contarase coa presenza das seguintes formacións chegadas das provincias tanto da Coruña como de Pontevedra: O.C.T. Chorima (Rois), Grupo de Baile Rexional Helios S.C.R.D. de Bembibre (Vigo), Grupo de Danzas Tradicional Churia (Zas), Grupo de Danzas Simalveira Cangas de Morrazo (Io) e Pinga de Troula (Galegos).

Previamente terá lugar unha comida campestre na que o churrasco será o prato principal. Para apuntarse pódese facer a través do teléfono 608925538. O prezo é de 10 euros por persoa. Ademais, despois das actuacións tamén se servirán petiscos para todos os músicos e bailaríns.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial