займ срочно

XXXIII Descenso do Tambre de piragüismo Ames

0

Ames, 6 de agosto do 2018 – O próximo sábado 11 de agosto Ames organiza a trixésimo terceira edición do Descenso do Tambre en Piragua, que partirá coma sempre de Portomouro para chegar a praia de Tapia. 

O Descenso do Tambre é organizado cada ano polo Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre que conta coa colaboración do concello de Ames e a Federación Galega de Piragüismo. A baixada comezará as doce e media en Portomouro, no concello de Val do Dubra, e chegará a praia de Tapia, xa en Ames, cubrindo unha distancia de 5.400 metros. No proba participarán padexeiros correspondentes ás categorías kaiak home (veterano, sénior, xuvenil e cadete), kaiak muller (sénior, xuvenil e cadete) e canoa home (sénior, xuvenil e cadete).

Edición 2017

Xa pola tarde a partir das catro, nun circuíto dun kilómetro e medio delimitado na praia de Tapia, disputarase a segunda parte do trofeo. En este caso poderán participar rapaces das categorías benxamín, alevín e infantil con embarcacións K-1 e C-1.

A entrega de premios do descenso está prevista para as dúas da tarde e a correspondente ao circuíto para as oito. Haberá trofeos para os deportistas das tres primeiras embarcacións de cada modalidade e categoría. Tamén se entregarán trofeos aos tres primeiros clubs clasificados. A proba está aberta a todos os clubs de piragüismo e seccións de piragüismo de entidades deportivas de toda España. A xornada rematará despois dos pinchos, que se ofrecerán aos participantes e os seus acompañantes.

Normativa

Para poder competir, os padexeiros deberán estar en posesión da licenza federativa debidamente actualizada para a tempada 2018 e será de uso obrigatorio o chaleco salvavidas para todos os participantes. Cada club poderá inscribir en cada proba o número de embarcacións e padexeiros que consideren, sen límites. As inscricións poderán  realizarse mediante a aplicación web da Federación Galega de Piragüismo até este martes 7 de agosto.

Edición 2017

A recollida de dorsais para o descenso realizarase entre as 11.00 e as 12.00 horas nas instalacións da praia fluvial, mentres que a recollida para o circuíto producirase entre as 14.30 e as 15.30 horas. Para máis información pódense poñer en contacto co Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre chamando aos número se teléfono 625 398 575 ou enviando un correo electrónico ao enderezo deportes@concellodeames.gal. Outra opción é poñerse en contacto coa Federación Galega de Piragüismo a través do número de teléfono 986 84 21 06 ou no enderezo electrónico kayak-canoa@fegapi.org.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies