Presentada a XXXIV edición do Rally de Noia

0

Noia, 6 de abril do 2018 – O concello de Noia acolleu a presentación da 34º edición do Rally de Noia que se disputará a fin de semana do 14 e 15 de abril.

Os tramos do Rally de Noia suman un total 113,7 kilómetros cronometrados aínda que sumando as distintas pasadas e os tramos de enlace os pilotos percorrerán máis de 400 km. A proba transcorre polos concellos de Lousame, Porto do Son, Serra de Outes, Mazaricos e a propia Noia. A Escudería  Berberecho, organizadora da proba, conta co apoio da Escudería Lalín Dez coa que tamén eles colaboran no Rally do Cocido en Lalín. Na posta en marcha do Rally participan cerca de 300 persoas das que 200 estarán nos distintos treitos coidando de que todo saía ben.

O alcalde de Noia, santiago Freire, e a alcaldesa de Serra de Outes, Beatriz Molinos, tiveron ocasión de ver algúns dos vehículos participantes

Este ano o rally de Noia inclúe un tramos urbano de 1,4 kilómetros na zona de Labarta. Disputarase na tarde do venres e servirá de previa a proba que comezará o sábado moi cedo xa que o paso do primeiro vehículo polo primeiro tramo esta previsto para as 8 da mañá. A organización conta co que o último participante entre no parque pechado a iso das nove da noite e que a entrega de premios celébrese as 12.30 horas do domingo, xa de madrugada, no Coliseo Noela.

O Rally de Noia bate un record de participación na historia do motor en Galicia xa que contará con 156 pilotos autorizados a tomar a saída, a cifra máis alta nunca rexistrada nunha proba de estas características. Entre os primeiros vehículos destacan, ademais de Victor Senra e Iago Caamaño que con sendos Ford RS serán os primeiros en saír, un histórico como Manuel Senra que volverá a poñer na estrada o 306 maxi tan coñecido polo afeccionados e o Mitsubishi Lancer do compostelán Luís Penido.

O Rally de Noia é unha das probas máis queridas do campionato galego e unha referencia no mundo do motor na bisbarra de Compostela. A cita do 13 ao 15 no barbanza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial