XXXIX Exaltación do Viño da Ulla

0

Vedra, 27 de marzo do 2019 – O próximo 14 de abril Vedra celebrará un ano máis a Exaltación do Viño da Ulla na que será a trixésimo novena edición e que onte era presentada en rolda de prensa.

San Miguel de Sarandón é o lugar no que se abrirá as doce do mediodía a Praza do Viño e a mostra dos viños da D.O Rías Baixas correspondentes a subzona do Ulla. Será a unha da tarde cando comecen os discursos, nomeamentos e pregón co saúda do alcalde de Vedra Carlos Martínez Carrillo.

Manquiña un novo amigo da bota

Manuel Prieto Comesaña, Manquiña, é o elixido este ano para dar o pregón en representación da Orde dos amig@s da bota do Viño da Ulla. Tamén será o momento de entregar os premios do concurso cata celebrado o día anterior.

Viño Son

Tras as verbas será o momento da música, Odaiko e Vanesa Muela faranse cargo da sesión vermú. A orquestra Xacobeo completará o cartel do mediodía.

Tarde de folclore e rock

As catro, mentres seguro que algúns están rematando a comida, os grupos de música e baile tradicional Os Laxeiriños, Os Campiños, e as Pandereteiras Dedaleiras, todos da Asociación Cultural San Campio, porán de novo música á festa. Con eles estará tamén o obradoiro de cultura tradicional Ultreia.

Manquiña, ademais de exercer de pregoeiro, abrirá a tarde ao rock co seu grupo Los Fabulosos Weekend a partir das cinco e media. A charanga O Recobio de Vaamonde, A Requinta da Laxeira e de novo a orquestra Xacobeo encargaranse de que ata ben entrada a noite a música non falte.

Moito que disfrutar

Ademais do programa xa descrito, ao longo de todo o día celebraranse sorteos de lotes de produtos da Ulla. Daranse premios as peñas como á máis numerosa ou á máis festeira. Poderase visitar o espazo promocional no que os concellos da subzona da ribeira do Ulla mostrarán os seus produtos e valores. E por suposto haberá polbo, filloas, chourizos, empanadas e, aínda que non é comida, amplos aparcadoiros igualmente importantes.

A XXXIX Exaltación do Viño da Ulla no sería posible sen o patrocinio do Concello de Vedra, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, a Denominación de orixe Rías Baixas e a asistencia do gabinete de comunicación do GDR Terras de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial