займ срочно

Zakarías O’Facas presenta “Maldita peaxe” na Casa das Crechas

0

Compostela, 21 de marzo do 2019 – A Casa das Crechas acolle, as nove da noite e a un prezo de 5€, o  espectáculo dirixido e interpretado por Zakarías O’Facas “Maldita Peaxe”.

Maldita Peaxe é un espectáculo que se move entre os xéneros do teatro e do monólogo cómico, aderezado por unha ecléctica escolma musical. O texto interpretado é unha adaptación da novela curta Peaxes, do escritor vigués Santiago Lopo, e publicada por Edicións Xerais de Galicia na súa colección de Narrativa.  O espectáculo fai uso do poético e do cómico, do dramático e do irónico, do tráxico e do sarcástico, na procura da comunicación directa co público. A duración da obra é de 75 minutos, máis un intermedio de 10 – 15 minutos.

O protagonista da obra desenvolve o seu traballo no interior dunha cabina na peaxe da autoestrada. Dende esta claustrofóbica posición de privilexio, observa atentamente aos condutores habituais na súa ruta. A rutina faino refuxiarse na súa propia imaxinación, visualizando as vidas dos que pasan fronte ao seu posto. E axiña atopa o seu propio xeito de rachar co fastío do traballo: a escritura dun diario, onde retrata aos condutores e as súas vidas, observadas, intuídas, e imaxinadas. Preséntanos así unha serie de existencias humanas reconstruídas a partir de fragmentos de conversas, obxectos transportados nos vehículos, e dos ritmos e melodías que acompañan as viaxes das personaxes. Mais ao cabo do tempo, será inevitábel que comece a interaccionar con elas…

Zakarías O’Facas, actor e contacontos vigués, formouse como actor na escola de teatro Santart (Santiago de Compostela), e na Asociación “A Artística”(Vigo) onde estudou improvisación e técnicas vocais con Cristina Domínguez. Formouse coma contacontos en cursos impartidos por Candido Pazó e Charo Pita. Na súa experiencia profesional inclúense actuacións cas compañías Teatro do Noroeste, Teatro Santart, o grupo Migallas, a Aula de Teatro de Pontevedra, o grupo cómico 4 x 4, e o grupo narrativo-musical 4 ghatos. Coma contador posúe unha ampla e variada experiencia en bares, teatros, festas, escolas, e despedidas de solteira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies