Zumaque Trío e o venezolano Carlos Orozco protagonistas do Noia Harp Fest

0

Noia, 2 de agosto do 2018 – Continúa o Noia Harp Fest cun espectáculo infantil familiar con Elena Paz no Coliseo Noela e, desde as 21.30 na Praza do Tapal, dobre concerto: os galegos Zumaque Trío e o venezolano rei da “arpa llanera”, Carlos “Metralleta” Orozco.

As sete da tarde o Coliseo Noela acolle o novo traballo de Elena Paz, a profesora de música trae a Noia un espectáculo para toda a familia baixo o nome de Mus.

As nove e media a Praza do Tapal acolle os dous concertos da xornada. Carlos “Metralleta” Orozco é un grande da arpa llanera, toda unha icona da expresión contemporánea da tradición musical venezolana que chega por primera vez a Galicia. Está considerado como un innovador e creador dun novo estilo dentro da música llanera. Ten no seu haber máis de catrocentas producións musicais acompañando a unha gran cantidade de intérpretes en Venezuela e Colombia.

Zumaque Trio

Zumaque Trío é unha formación de recente creación que debuta neste festival. Está integrada por tres músicos afincados en Compostela, cunha longa traxectoria nos seus ámbitos musicais: Bleuenn le Frieuc (arpa),  Alfonso Calvo (contrabaixo),  e Pablo Pascual (clarinete), cunha interesantisima e orixinal proposta sobre a tradición galega.

Este festival está organizado polo Concello de Noia co apoio da Deputación da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies