10 concellos da Área Sanitaria pasan a alerta máxima

0

Bisbarra, 19 de xaneiro do 2021 – O incremento constante de casos en toda Galicia levou ao Comité Clínico a incorporar a 56 concellos ao nivel de alerta máxima, 10 na Área Sanitaria Santiago Barbanza.

A situación na Área Sanitaria é de 2.341 casos activos, 99 ingresados en hospitais e 16 nas unidade de cuidados intensivos do Clínico de Santiago. Dos municipios con novas restricións 12 están na área sanitaria da Coruña e Cee; 3 na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 5 na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 6 na de Pontevedra e O Salnés; 11 na de Vigo; 10 na de Santiago de Compostela e Barbanza e 9 na de Ferrol

Galicia queda así con 116 municipios emprazados no nivel de restricións máis elevado, o que supón un 72% da poboación

25 concellos na bisbarra

Os dez concellos que pasan a alerta máxima súmanse aos 15 que entraron en esa situación o pasado venres. Os novos municipios son Ordes, Teo, A Baña, Negreira, Padrón, Rois, Dodro, Touro, Arzúa e Silleda.

Precisamente en Negreira facíase estes días un cribado en 800 persoas. Silleda pola súa banda solicitaba o pasado sábado que tamén se fixera un cribado ao superar os 600 casos por mil habitantes de incidencia acumulada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial