12 concellos pechados na bisbarra desde esta noite (06/11/2020)

0

Bisbarra, 6 de novembro do 2020 – As novas restricións, que entran en vigor ás 00:00 de este sábado, amplían o peche de Ames, Teo e Santiago a outros 9 concellos da bisbarra.

O perímetro pechado na contorna da capital chegará desde esta noite a Boqueixón, Oroso, Trazo, Val do Dubra e Vedra. A bisbarra ten ademais outros 3 concellos incluídos no peche: Lalín, A Estrada e Silleda. Así, en todas estas zonas, estarán permitidos o 100% dos movementos para ir a traballar, á escola, a atender coidados necesarios de menores e maiores, e todos os movementos sanitarios. E o comercio funcionará cos mesmos criterios do resto de Galicia.

Tendencia a estabilizarse

As novas restricións chegan cando parece que o número de casos comezaba a ser controlado. Na Área Sanitaria pasouse de 1348 casos o día 3 de novembro, a 1334 o día 4 e a 1338 onte día 5 o que semella unha tendencia á baixa que se consolida. Nos centros educativos non chega a ser tan clara pero tamén parece boa xa que si o día 31 o número de casos era de 153, o día tres foi de 160, o día catro 161 e onte xoves volvían a 153. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mostraba a súa sorpresa e acataba a decisión pedindo axuda para sectores como o da hostalería

Pola sú banda o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, emitía unha nota de prensa na que se mostraba contrario á inclusión no seu concello entre os que pechan e o consideraba “algo desproporcionado, tendo en conta que a incidencia das dúas últimas semanas vén dada “por un brote nunha residencia de maiores, que todos lamentamos, pero que está focalizado”.

Cuíña engadía que sen os casos da residencia o concello ten menos positivos que outros municipios da contorna que non pechan e pedía que se revisara a decisión porque “cando xurdiu o da residencia se nos informou que eses casos se tomarían a parte. Agora nos atopamos con este peche perimetral, pero alguén debería explicarnos se se fai porque se toma como referencia unha área territorial, e non decir que é pola incidencia dos casos”.

Outras medidas

Ademais do peche hai novas medidas como o peche da hostalería por completo durante un mes, agás o servizo a domicilio e para recollida que si se poderá ofrecer. A práctica deportiva quedará restrinxida a deporte individual ou federado. Reducirase o aforo en establecementos culturais, que con esas limitacións poderán seguir funcionando , cines, teatros, auditorios, e outros recintos de público sentado poderán ocupar o 50% de cada sala, cun límite de 30 persoas en interior e 75 en exterior.

Ademais das restricións nestas zonas, en toda Galicia limítase as saídas de usuarios fóra das residencias, preservando de momento as visitas dos familiares nas condicións de distanciamento e hixiene establecidas desde hai meses. Incremento das limitacións de aforo en grandes establecementos comerciais, de xeito que nas zonas comúns só poderá ocuparse un terzo do máximo, nas tendas, continúa o aforo do 50 % como ata agora.

En toda Galicia, redúcese tamén o aforo no transporte público non escolar. O transporte urbano contará cun máximo do 50% dos asentos; e o transporte interurbano co 50%”.

Imaxe de Mylene2401 en Pixabay 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial