126 ofertas optan á construción da Vía Verde Santiago Cerceda

0

Bisbarra, 27 de outubro do 2020 – A Deputación da Coruña ven de recibir 126 ofertas para a construción da Vía Verde que unirá Santiago e Cerceda e será a de maior lonxitude de Galicia.

Os tres tramos da Vía Verde que saíron a licitación son os  de Oroso (720.856,72 euros), ao que se presentaron 42 ofertas, Ordes (506.423,48 euros e 43 ofertas) e Tordoia-Cerceda (677.094,17 euros e 41 ofertas). En total, as obras suman un investimento total superior aos 1,9 millóns de euros.

Esta obra transformará os 36,5 quilómetros da antiga liña ferroviaria entre Santiago e Cerceda na primeira Vía Verde da provincia e a de maior extensión de Galicia, creando un equipamento para camiñar ou andar en bici que terá unha importante repercusión turística e socioeconómica para os concellos polos que discorre.

O proxecto enmárcase na aposta da Deputación por fomentar unha mobilidade soostible na provincia. Contará cunha banda de circulación para peóns de 1,5 metros de ancho e outra de 2 metros para uso ciclista.  Dotarase ao itinerario de drenaxes e outras obras complementarias coma a construción de muros e taludes, instalación de varandas en pontes e viadutos, iluminación de túneles activada por presencia ou adecuación de áreas de descanso, nas que se instalarán bancos e mesas de madeira e estacións aparcabicis.

O proxecto inclúe tamén a instalación de carteis de contextualización ferroviaria e elementos innovadores coma eco-contadores e cargadores de bicicletas eléctricas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial