O 17 remata o prazo para que Ames Novo e o goberno municipal acorden os orzamentos do concello

0

Ames, 12 de febreiro do 2017 – Ames Novo e o goberno municipal de Ames acordaron sentarse a negociar os orzamentos 2017 para o concello. Un das primeiras decisións foi o de que antes do día 17 tiña que chegarse a un acordo polo que o tempo rematará o próximo venres.

En este contexto o equipo negociador ven de emitir un novo comunicado no que explican os novos avances e os últimos traballos desenvoltos, o comunicado completo pódese ler a continuación:

Cando queda menos dunha semana para que o vindeiro mércores 17 expire o prazo que ámbalas partes se deron para finalizar as negociacións, os traballos da comisión negociadora, integrada polos voceiros dos tres grupos que conforman o goberno (PSdeG, Contigo Pódese e BNG), e máis a voceira de Ames Novo e o concelleiro da área económica deste último grupo, os traballos céntranse na exposición máis polo miúdo das propostas que unha e outra parte puxeran sobre a mesa.

Despois de que na última reunión se analizase a estimación da contía que tería que ser destinada á creación dunha Renda Social municipal de Garantía Básica e Rescate Social, Ames Novo fixo chegar ao goberno un documento detallado de bases para a redacción da ordenanza correspondente. Agora será o goberno quen teña que avaliar co departamento de Asuntos Sociais cal sería a dotación necesaria para atendela.

Por parte do goberno expuxéronse as liñas que definen o proxecto de creación dun espazo de co-working, que facilite sinerxias entre os proxectos que participen del e co seu contorno empresarial no Milladoiro, proxecto que foi posteriormente estudado máis en profundidade por Ames Novo en reunión cos servizos técnicos municipais.

Outro dos temas que foran enunciados inicialmente por Ames Novo como obxecto central das negociacións, o do reinvestimento no rural das cantidades que se xeraron pola aplicación do catastrazo nese ámbito, foi de novo debatido. Por parte do grupo opositor insistiuse en que ese programa de investimento tiña que ser adicional ás cantidades que xa se viñan destinando a equipamentos e obras nas parroquias, o que ao seu xuízo podería viabilizarse mediante un programa bianual. Os representantes do Goberno informaron que xa existía un compromiso coas AA.VV. do rural pola que se comprometían a investir preto de 300.000 euros durante este ano, dos cales 150.000 euros estarían destinados a obras de a saneamento e abastecemento, e 132.000 euros aos orzamentos participativos. Este investimento directo no rural é independente doutros investimentos. Ames Novo informou que aceptarán calquera acordo ao que chegue o Goberno coas asociacións de veciños para a resolución do asunto. Pola súa parte o Goberno fixo entrega a Ames Novo do documento que regula a a participación veciñal nesta partida, e do que se lle dou traslado, tamén, ás devanditas asociacións.

Ademais do anterior os concelleiros de Ames Novo solicitan a incorporación dunha partida específica para Accesibilidade, explicando os representantes do Goberno que xa se levan realizados varios proxectos que están en proceso de licitación ou a piques de comenzar a executarse, e que continuarán realizando investimentos nesta área a través de axudas doutras administracións, e en temas puntuais, como zonas de aparcamento, con fondos propios.

Sobre a mesa quedaron aínda, pendentes de debate, outras dúas propostas de Ames Novo: destinar unha partida á elaboración dun plan de implantación progresiva do sistema de orzamentos participativos, e outra para os estudos previos de viabilidade do rescate da xestión municipal do servizo de auga e saneamento.

A comisión volverá reunirse no día de hoxe para continuar os traballos e prevese que as reunións se intensifiquen nos próximos días para poder cumprir co prazo que se estableceu inicialmente.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial