Compostela, 24 de xuño do 2017 – Despois dunha noite de lume e festa por tódolos recunchos de Compostela no día de San Xoán continúan as actividades programadas polo concello.
12h – 15h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos.
12:30h Obradoiro interxeneracional de decoración de pratos de pulpo.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e material.
13h Pasarrúas de música tradicional polo casco histórico: Quinta do Ulla.
13:30h Concerto de música tradicional: Quinta do Ulla.
15h – 17h Peche de espazos para a pausa de mediodía.
17h – 00h Festival de San Xoán na Praza de Mazarelos
18h – 20h Obradoiro de percusión e canto tradicional.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais. Inscricións no Posto de Información dende o xoves 22 de xuño ás 17h. Será necesario confirmar praza presencialmente no Posto de Información dez minutos antes do arranque da actividade.
21h: Obradoiro de elaboración de queimada.
Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo e materiais.
22h-23h. Concerto de música tradicional: Os Carunchos.
23:30h Conxuro con degustación de queimada. Praza de Mazarelos.
00h Peche do espazo e fin do Festival de San Xoán