20 artistas galegos incorpóranse a colección do CGAC

0

Compostela, 30 de outubro do 2020 – Un total de 24 obras de arte contemporánea de 20 artistas galegos vanse incorporar á colección do CGAC-Xacobeo enriquecendo os fondos propios do museo.

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou esta as creacións que resultaron seleccionadas ao abeiro do programa de adquisición pública de obra de arte incluída no Plan de Reactivación do sector cultural da Xunta de Galicia.

Trátase dun total de 24 obras (algunhas delas compostas por varias pezas) pertencentes a 20 artistas seleccionadas, pola comisión de expertos creada a tal fin, entre unhas 350 propostas artísticas presentadas e pertencentes a uns 190 artistas. Este programa de adquisición pública de obra de arte, dotado con 200.000 euros, púxose en marcha o pasado mes de xullo para que os artistas e as galerías de arte presentaran as súas solicitudes.

Segundo Anxo M. Lorenzo, na selección de pezas priorizouse a pertinencia das obras e artistas na colección CGAC e un equilibrio de xénero entre as propostas de galerías e autores sen representación. As obras escollidas responden a criterios valorativos diversos, entre eles a calidade das obras, a súa representatividade na traxectoria artística do elixido ou que poidan inserirse no relato artístico da colección do CGAC.

Obras seleccionadas

As obras seleccionadas que pasan a formar parte da colección CGAC  pódense consultar directamente na páxina Web do CGAC, no seguinte enlace: http://cgac.xunta.gal/GL/contido/CONVOCATORIAS.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade lembrou que a finalidade desta convocatoria que agora se resolve é contribuír ao apoio ao sector artístico, un dos sectores culturais afectados pola crise derivada da pandemia, ao tempo que favorecer o enriquecemento do patrimonio público e apoiar a actividade das artes plásticas e dos creadores. Con este cometido, a Xunta de Galicia impulsou o Plan de reactivación dos sector cultural, unha folla de ruta creada con fin de manter o tecido das industrias culturais, con medidas de reacción desde a administración.

Ademais, estas adquisicións  de carácter extraordinario están enmarcadas no Xacobeo 2021, potenciando a capacidade desta celebración de transformar, innovar e enriquecer Galicia. Así, fortalécese o vínculo entre o CGAC e o Xacobeo, poñendo o foco sobre a arte galega cunha continuidade no tempo que o proxecta cara os futuros anos santos, ao tempo que se integra a artistas galegos que ou ben non estaban presentes ou non suficientemente representados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial