200.000 litros de purín puxeron en perigo a auga de Ames, Brión e Santiago

0

Bisbarra, 13 de setembro do 2021 – Un vertido de puríns ao río Tambre puxo en perigo a auga potable que chega ás vivendas de Ames, Brión e Compostela.

A compañía Viaqua detectou a contaminación na madrugada do xoves. Ao longo do venres tómase a decisión de interromper a captación de auga e usar tan só a acumulada nos depósitos.

Etap do Tambre. Imaxe Viaqua.

Mentres se controla o vertido comezan os avisos á poboación desde o concello. Tanto Santiago como Ames e Brión piden que se modere o consumo de auga para evitar o desabastecemento.

Ao longo do sábado as continuas análises da auga permiten que se retome a captación. Onte domingo os depósitos énchense por completo de novo pero a auga que chega aos domicilios e turbia, situación que se vai normalizando pouco a pouco.

Viaquea habilitou un telefono para os problemas que podan seguir aparecendo, trátase do 900 201 250

Investigación

O vertido produciuse desee unha granxa de Trazo. A comporta que pecha o déposito de puríns sen que se saiba polo momento a causa. O Servizo de Protección da Natureza, Seprona, leva a cabo unha investigación ao igual que Augas de Galicia. En declaracións a medios de comunicación o propietario da granxa achaca os feitos a unha sabotaxe.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial