25N, a violencia interiorizada

0

No Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, desde Lindeiros, quixemos indagar no que senten as mulleres. cando se lles pregunta pola Violencia Machista.

Para saber realmente o que xurde cando oen “violencia machista” non lles anticipamos a pregunta e gravamos as respostas espontáneas que nos foron dando. Ante os que poñen reparos ao concepto de “violencia machista” hai que dicir que ningunha dubidou, ningunha tivo que pararse a pensar, todas teñen unha lembranza, un momento, unha sensación tan metida dentro que aparece antes de que remate a pregunta.

Mayca Couto,  mestra e cociñeira. A cabeza visible dos locais da nave 5 da praza compostelana, unha muller xoven, lembra algo  moi habitual, mal que nos pese, no rural galego

A incomprensión do entorno e a ausencia de independencia económica é en moitos casos a que impide á muller fuxir cara a unha nova vida.

Paz Romai é coidadora de fogar, si a historia que nos contaba Mayca non ten máis de 30 anos a de Paz é incluso máis próxima no tempo, uns 15 anos

A prostitución é un mundo pechado do que non se fala dabondo. Esta sociedade segue sen querer saber que sucede en eses locais de luces rechamantes que se atopan nas veiras de calquera comarcal galega.

A resposta da sindicalista e activista Laura Bugallo demóstranos que a invisibilidade pode incluso ser maior que a da prostitución

A inmigración non é algo que se faga por pracer, faise por necesidade e aí as mulleres tamén son discriminadas. Son vulnerables nun contexto xa de por si vulnerable. O peche das oficinas de inmigración, que denuncia Laura, afecta a milleiros de persoas como estamos vendo estes días que sucede en Canarias.

A violencia interiorizada

A actriz Mónica Camaño desborda de sensacións cando se lle pregunta pola violencia machista

Esa presión constante a senten de xeito moi especial varias xeracións de mulleres, algo presente en todo momento en multitude de situacións. A directora de cine Paula Cons tamén o leva marcado moi dentro cando se lle pregunta

Encarna Otero, mestra, concelleira, historiadora, política… sempre conserva un punto de optimismo no que di, incluso nunha loita diaria como esta

Encarna reflexiona sobre o distinto que podería ser este mundo si se deixara de debater sobre a violencia machista e se lle puxera solución dunha vez por todas

Todas as mulleres teñen interiorizada a violencia machista. Todas sen excepción teñen unha lembranza, unha anécdota, unha situación que as coloca nese chanzo inferior no que a sociedade as ten, aínda que se negue.

Depende de todos, pero en especial dos homes, cambiar isto. Facéndose conscientes de que o machismo, a violencia machista, é unha realidade diaria, incluso cando non se pretende. Só entendendo que non hai estratexias nin política tras as mortes, os golpes, o dor, o sufrimento poderemos, entre todos, cambiar para mellor esta sociedade na que vivimos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial