25N Compostela contra a Violencia de xénero

0

A praza do Obradoiro acolleu un acto de conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, no que participaron nove institutos de Santiago, Teo e Val do Dubra.

A tenente de alcalde, María Rozas, deu a benvida aos centros educativos e á veciñanza en xeral que se achegou ao Obradoiro e definiu esta xornada como “un día no que queremos berrar que nos queremos libres, que nos queremos vivas”. María Rozas sinalou que “a violencia contra nós, contra as mulleres é a forma máis extrema de desigualdade, pero non é a única” e engadiu que “as mulleres, polo mero feito de selo, temos que enfrontarnos a situacións machistas que non podemos pasar por alto como sociedade, porque se seguimos sendo cómplices desta lacra estrutural perpetuaremos estes comportamentos”. Finalmente, a tenente de alcalde lembrou outro tipo de violencias xa que “o control tamén é violencia, o illamento da parella tamén é violencia, o acoso no eido laboral tamén é violencia”.

Posteriormente, Noelia Pereiro, do IES Antón Fraguas; Cecilia Segade, do IES Xelmirez I; Amal Abddel Mawla, do IES Xelmírez II; Aldara Rodríguez, do IES Fontiñas; Rita Domínguez, do IES Lamas de Abade; Alba Aguiar, do IES Rosalía de Castro; María Noya, do IES San Clemente, e Ángel López do IES Val do Dubra, deron lectura á declaración institucional aprobada polo Concello de Santiago no último pleno. Nela recóllese a importancia de que se continúen “impulsando as medidas recollidas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero nos ámbitos educativo, social, xurídico, económico, de protección, de concienciación e de sensibilización social”.

Os alumnos e alumnas puideron ver, ao remate do acto, unha performance levada a cabo polo colectivo LAG, formado por Lara Buyo e Ana Corujo. Tamén participou no acto a Asociación de Persoas Xordas de Santiago, con Laura Valladares como intérprete,

Exposición

Ata o 26 de novembro estará dispoñible na praza do Obradoiro a exposición En negro contra as violencias, patrocinada por Finsa e a Fundación Paideia. A instalación, que percorrerá diferentes vilas e cidades de Galicia, ten como principal obxectivo ir máis alá da campaña, e amosar a realidade das situacións de violencia contra as mulleres que se dan na nosa sociedade. A mostra, formada por un triángulo completamente negro de 1224 x 918 x 918 cm por 280 cm de alto, contén a información necesaria para contextualizar e explicar a orixe e as diferentes formas da violencia contra as mulleres.

Trátase tamén de incluír unha información detallada e rigorosa cunha metodoloxía de sensibilización activa, de maneira que as persoas que se acheguen á exposición En negro contra as violencias poidan interactuar e afianzar unha conciencia crítica contra as violencias machistas.

Conta con material audiovisual e documentais sobre os tres anos da acción, así como material realizado por diferentes IES de Galicia contra as violencias machistas.

Actividade no IES Rosalía de Castro

A concelleira Marta Lois participou tamén esta mañá da inauguración da exposición sobre o 25 N que os alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro elaboraron co gallo do Día Internacional contra as Violencias Machistas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial