3 novas sentenzas din que se incumpriu o convenio colectivo no caso dos  antigos condutores da liña do aeroporto

0

Compostela, 27 de outubto do 2021 – Tres novas sentenzas confirman que un acordo da Xunta de Goberno de Santiago incumpriu o convenio colectivo dos antigos condutores da liña do aeroporto.

As sentenzas dos xulgados do Social de Santiago demostran que os condutores da liña do aeroporto non foron subrogados por TRALUSA, como marcaba o convenio, amparándose en ese acordo da Xunta de Goberno de Santiago.

O sindicato CIG denuncia «a complicidade do concello compostelán no despedimento dos condutores». O acordo facultaba á empresa para empregar o seu propio persoal, incumprindo así as obrigas do convenio colectivo de transporte de viaxeiros e o acordo marco de subrogación asinado pola patronal, sindicatos e Xunta de Galiza.

O sindicato explica que esas sentenzas o que din é «que ese acordo da Xunta de Goberno non se debería ter producido e que é o causante de que estes traballadores se atopen aínda hoxe fóra deste servizo».

Durante todo este proceso os traballadores insistiron na busca de solucións negociadas, mesmo previo as sentenzas, para garantir os postos de traballo. Logo de múltiples xestións e unha xuntanza con todos os grupos municipais, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo asumiu publicamente, e en primeira persoa, un labor de mediación co propietario do Grupo Monbus, Raúl López.

Inacio Pavón da CIG denuncia que  «Cónstanos, aínda que incumpriron o seu compromiso de informarnos directamente, que nesa reunión Raúl López manifestou que el tiña unha gran ‘sensibilidade social’ e que os traballadores serían recolocados noutros servizos». Meses despois non houbo, segundo Pavón, ningún contacto da empresa nin do concello neste sentido pregándose unha vez máis a institución á empresa, incumprindo o seu compromiso tanto cos traballadores como co resto de grupos municipais e o manifestado publicamente.

Nova mobilización

Diante desta situación os traballadores volverán saír á rúa mañá xoves, día 28 de outubro, manifestando que están dispostos a manter presente este conflito durante toda a lexislatura polos reiterados incumprimentos e desplantes do grupo de goberno e, nomeadamente, do concelleiro Adolfo Muíños e do alcalde Xosé Sánchez Bugallo.

Denuncian ademais a «descarada conivencia do grupo de goberno co Grupo Monbus, ao que se lle permite dispoñer irregularmente de terreos de propiedade municipal, tanto nas instalacións do mercado de Amio, -destinadas segundo os pregos de condicións só ao transporte urbano e que son utilizadas indiscriminadamente para todas as contratas que este grupo ten coa consellaría de Mobilidade- ou na estación de autobuses, onde ninguén dubida que a nova licitación da nova estación de servizo vai ser para o Grupo Monbus».

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial