4 mulleres no podcast de Lindeiros.gal

0

Esta semana falamos con 4 mulleres para conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra o luns 8 de marzo.

Xoana é unha xoven cantante cunha voz privilexiada e que estará en Compostela tocando o día 12 nun dos actos do 8M.

Marilar Aleixandre é escritora, parte da Real Academia Galega e está presentando “Movendo os marcos do patriarcado”, un libro no que xunto con María López falan da Emilia Pardo Bazán máis feminista.

Laura Bugallo foi a primeira muller trans en Galicia. Activista, sindicalista, acredora de varios premios internacionais pola súa loita a prol dos emigrantes e colaboradora de Arelas, a asociación galega de familiares de nenos trans, e por riba de todo iso feminista.

Idoia Camiruaga leva moitos anos como arquitecta do Consorcio de Santiago, sabe o que é que pelexar para que te escoiten sendo muller nun mundo que cando comezou era moi de homes.

Catro entrevistas interantes para lembrar o 8M.  Faite mecenas de Lindeiros.gal e contribue a unha información cercana e independente. Elixe a túa contribución mensual desde 4 euros https://www.patreon.com/lindeiros?fan_landing=true

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial