O Concello de Boqueixón pon en marcha o proxecto de dixitalización do seu fondo documental histórico. Nesta primeira fase dixitalizaronse os Libros de Actas do Concello de Boqueixón dende o ano 1847.
Boqueixón, 28 de outubro do 2016 – O Pleno Municipal é o órgano colexiado formado pola suma de todos os concelleiros e o alcalde que se reune periódicamente para decidir sobre os asuntos máis importnates que afectan ao municipio e a corporación; as súas sesións quedan plasmadas nos Libros de Actas do Pleno nos que queda reflexado o devir da historia municipal.
Os traballos de dixitalización foron realizados por parte da empresa UNAYTA, consultora tecnolóxica radicada no Milladoiro e especializada na dixitalización de arquivos e xestión documental. En palabras da Responsable da Área de Dixitalización de UNAYTA “Ademais de agradecer a confianza do Concello de Boqueixón e da arquiveira do mesmo Ana Beatriz Díaz, queremos recordar que a dixitalización deste tipo de fondos é fundamental para a súa preservación, xa que é necesaria para a súa correcta conservación pero tamén para mellorar o traballo diario do persoal administrativo”.