9 anos de Titina Alimentación

0

Ames, 9 de novembro do 2020 – Titina Alimentación, un dos negocios máis coñecidos do Milladoiro en Ames, cumpre 9 anos este martes día 10.

Nos tempos que vivimos que un negocio se manteña durante 9 anos é unha boa nova se mire como se mire e Titina o celebrará con todo o coidado e con toda a seguridade.

9 anos loitando

Non foi unha travesía doada  desde que Cristina Arias, Titina, decidiu seguir cun negocio no que comezou traballando de empregada. Esta tenda de horario ampliado  ofrece pan, do mellor do Milladoiro según din, ata bebidas frías, produtos de limpeza ou conservas, leite… un supermercado dos de toda a vida pero cun horario adaptado ao cliente.

Non foron nove anos doados xa que tivo que superar desde unha estafa ata, nunca o pensara, unha pandemia. O truco está en coidar a clientela; non son esporádicos que veñen polo horario, son veciños que entran a calquera hora e que saben que si chegan tarde a casa Titina estará alí.

Pan e caraveis

Este martes día 10 Titina celebrará os 9 anos con agasallos para todos os que entren. Pan, caraveis e unha serie de produtos que os distintos comerciais cos que traballan están doando para que sexa un día para lembrar.

Se coñecedes Titina Alimentación non deixedes de pasar este martes a celebrar o aniversario porque sodes parte de el. Se aínda non estiveches alí é un bo día para entrar nun negocio local, o que sempre é bo, que ademais pode resolver as túas necesidades cando os demais pecharon.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial