A ANPA do CEIP de Pedrouzos comeza con movilizacións

0

Brión, 5 de outubro do 2020 – A ANPA Andaravía, do CEIP de Pedrouzos en Brión, segue pedindo unha solución para as duascentas familias que quedaron sen comedor.

Hoxe luns Andaravía convocou concentracións na porta principal do CEIP de Pedrouzos as 14:15 e as 18:00 co fin de visibilizar o problema. Según a nota remitida polo colectivo varias familias irán recollelos nenos e nenas, que quedaron excluídos do comedor, con pancartas.

Queren de este xeito protestar pola “inacción da Administración autonómica ante un grave problema que prexudica á metade das familias do noso centro educativo”.

A problemática, insiste a ANPA, non é outra que “a negación por parte da consellería a unha segunda quenda de comedor, para a cal se contaría con persoal contratado”.

Tal como publicábamos hai uns días a Consellería esixe que para esa segunda quenda os coidadores sexan voluntarios e que teñan relación directa co centro (pais, nais ou titores dos nenos). Con esta condición o ofrecemento do Concello de Brión de asumir o custo dos monitores non serve polo que a segunda quenda non se pode poñer en marcha.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial