A Xunta xestionará o comedor dos Tilos desde setembro

0

Actualización (16:00) Tras a reunión mantida está mañá a Xunta de Galicia xestionará o Comedor do CEIP dos Tilos desde setembro

Na nota emitida pola Consellería indícase que asi llo trasladou aos país o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación, e Universidade, Manuel Vila. A Xunta é crítica co concello do que di ter adoptado “unha postura inmovilista”.

O concello mantén a oferta de buscar unha solución ata final de curso e os pais están a espera de coordinar unha reunión para concretar os detalles do servizo que se ofrecería.


Teo, 18 de marzo do 2021 – A ANPA do CEIP dos Tilos foi convocada hoxe xoves a unha reunión coa Consellería de Educación.

Os representantes dos pais dos Tilos acoden coa intención de que a Xunta se faga cargo do comedor. A ANPA negarase a caquera tipo de convenio que se lle ofrezca xa que as reunións cos pais aprobaron por maioría ceder á Consellería a xestión do servizo.

Concentración

onte mércores tiña lugar unha nova concentración na que participaban a parlamentaria socialista Noa Díaz, a concelleira de educación de Teo, Mayte Argibay e a voceira socialista no concello, Uxía Lemus.

Noa día explicaba que a responsabilidade era da Xunta e que non era normal o tempo que se levaba esperando por unha solución

Pola súa banda a concelleira de educación de Teo, Mayte Argibay, pedía que os Tilos tiveran o mesmo tratamento que os outros tres centros do concello

Os pais levan desde o mes de agosto en conversacións coa Xunta de Galicia para que asuma o comedor do colexio que ata ese momento xestionaba a ANPA. A falta de este servizo está causando complicacións en moitas familias que tiveron este curso que acudir a familiares, a reducir a xornada laboral ou a contratar axuda para poder conciliar.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial