A Asociación de Hostalería de Compostela intégrase no modelo europeo de protección de datos

0

Compostela, 18 de xaneiro do 2022 – Hostalería Compostela ven de asinar un convenio coa empresa Progesdatos para adaptar a protección de datos á normativa europea.

Na firma do acordo participaron o presidente da Asociación, Thor Rodríguez, e o xerente da empresa, Santiago Nieto Rodríguez, Grazas a este acordo, esta empresa ofertará un desconto especial por contratar os seus servizos en protección de datos aos máis de 600 sociso de hostalaría de Santiago e a súa comarca.

Desde Progesdatos recordan que realizar a adaptación á normativa europea é fundamental para todos os negocios, primordialmente para aqueles que contan con traballadores e/ou cámaras de videovixilancia.

Hostalaría Compostela sinala que aqueles locais asociados interesados en acceder a esta oferta deberán escribir ao correo electrónico socios@santiagohosteleria.org

Progesdatos é unha compañía que opera a nivel nacional e presta servizos de consultoría de Protección de Datos Persoais desde hai máis dunha década co fin de adecuar a empresas, e entidades públicas á normativa vixente en cada momento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies