A Baña concentrarase para rexeitar o peche da oficina de Abanca

0

A Baña, 23 de agosto do 2021 – O Concello da Baña convoca á veciñanza a concentrarse diante da oficina de Abanca o vindeiro mércores.

A cita é a unha da tarde e busca reflectir o rexeitamento da veciñanza ao peche de Abanca, previsto para o mes de setembro. A concentración aproveitarase para depositar na propia oficina as sinaturas que están recollendo distintos colectivos por todo o municipio

A entrega de sinaturas, que se recollen no concello ata este martes 24, acompañarase dunha carta na que se lle pedirá a Abanca que reconsidere a súa decisión e que tamén se mandará por correo certificado á sede central da entidade financeira en Betanzos.  

O Concello solicita a máxima afluencia de veciños a esta concentración diante da oficina de San Vicenzo, que se enmarca na batería de mobilizacións que están levando a cabo os concellos da Baña, Vimianzo e Zas para evitar o peche de sucursais.

O mércores 25 tamén haberá manifestacións nas sucursais de Baíñas (Vimianzo) e Zas. Entre as medidas adoptadas de forma conxunta atópase así mesmo outra manifestación diante da sede de Abanca na Coruña o xoves 2 de setembro. Nela participarán os tres municipios, que convidan a secundalos a todos os concellos afectados polos peches.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial