A Baña habilita crédito para pagar o servizo de axuda no fogar

0

A Baña, 16 de novembro do 2020 – A Baña celebrou o pasado venres un pleno extraordinario no que aprobou a transferencia de crédito que permitirá pagar o servizo de axuda no fogar (SAF).

O expediente de modificación dos orzamentos habilitou unha transferencia de crédito de 69.000 euros. A Baña aprobou esta medida cos votos a favor do equipo de goberno socialista e do Partido Popular e coa abstención de Compromiso por Galicia.

De deportes a servizos

O alcalde, José Antonio Pereira, explicou que os cartos transferidos saen da partida de deportes destinada ao acondicionamento de edificios públicos e estaba destinada a reparar a cuberta do polideportivo de Lañas. A medida era necesaria xa que o concello mantén os orzamentos prorrogados desde o 2017 e o pago do SAF non tiña consignación suficiente para o abono dos atrasos.

Reproches mutuos

O debate seguiu o guión xa coñecido. A oposición acusou ao equipo de goberno de non buscar consensos e non ter un plan de traballo. Tanto PP como Compromiso defendeu a abstención dicindo que agora se solucionaba o problema pero sen unha previsión do que se fará a continuación pódese repetir.

O Partido Popular aludiu á responsabilidade cara aos veciños para defender o voto a favor pero criticou as formas do equipo de goberno.

Pola súa banda o alcalde, José Antonio Pereira, lembrou unha vez máis que no mes de Maio a oposición votou en contra de destinar os cartos do POS a gasto corrente preferindo dedicalo a obras e impedindo que de aquela se solucionara o problema. Engadiu que a imposibilidade de aprobar os orzamentos e o que dificulta a xestión e explicou que o 7 de outubro mostróuselle á oposición o proxecto de orzamentos, coa participación incluída da secretaria, para que fixeran aportacións sen que ata o momento enviaran nada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial