A Baña organiza a I Romaría Xacobea O Seilán

0

A Baña, 15 de setembro do 2021 – A Baña acollerá o vindeiro domingo 26 de setembro a I Romaría Xacobea O Seilán, unha festa popular con música folk, artesanía e gastronomía.

As actividades da I Romaría Xacobea O Seilán  inclúen música, mercadiño, xantar e talleres. Comezarán ás 11 da mañá e prolongaranse ata as 8 da tarde.

Desde pola mañá haberá postos de venda e exposición de produtos da terra na carballeira do Seilán, ademais de talleres de xardín xacobeo, cestos, barro, papel, conservas, produtos de beleza natural e instrumentos musicais.

Amenizarán a xornada Os Campantes da Baña, Silvia Redondo, Faíscas da Pontraga e Os Monifates.

Non faltará o capítulo gastronómico, cun Menú Romaría Xacobea a base de empanada, polbo, carne ao caldeiro, rosca e café. O prezo será de 13 euros para as primeiras 100 persoas que reserven praza no número de teléfono 682 859 367. O evento está organizado polo Concello da Baña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial