A Baña pide máis frecuencias de autobús

0

A Baña, 17 de decembro do 2020 – O Concello da Baña remitiulle hai uns días un escrito á Xunta de Galicia para reclamar máis frecuencias nos autobuses que a comunican con Santiago.

A petición xurde logo de que a empresa concesionaria do servizo decidise hai uns meses anular os horarios de tarde por causa da covid-19 e agora se negue a recuperalos. A empresa da como único argumento que vai deixar de ser adxudicataria.

O escrito, asinado polo alcalde, José Antonio Pereira, vai dirixido a Ignacio Maestro, director xeral de Mobilidade. Nel lémbralle que A Baña só dispuña xa de cinco conexións con Santiago ao longo do día, quedando en funcionamento na actualidade dúas de ida con parada na Baña ás 7:15 horas ás 16:30, e outra de volta con parada ás 16:15 horas.

Anuláronse “de maneira unilateral”, según sinala o texto, as que había á tardiña, con volta ás 20:15 horas e ida arredor das 20:30 horas, deixando á Baña incomunicada polas tardes.

A Baña é un dos concellos participantes no Plan de transporte metropolitano con Santiago de Compostela e a diminución do número de frecuencias de autobuses, recorda o alcalde, supón “privar máis de 3500 veciños do noso concello da única posibilidade de conexión coa área metropolitana”.

Logo de poñerse en contacto coa empresa concesionaria e recibir dela a resposta de que non vai reanudar os servizos, o Concello solicita unha reunión de carácter urxente co responsable de mobilidade da Xunta para solucionar a devandita problemática.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial