A Baña repartirá 30.000 euros para minimizar o impacto da Covid

0

A Baña, 3 de setembro do 2021 – A Baña aprobou, no pleno ordinario de agosto, as axudas para minimizar o impacto da Covid en autónomos e pymes.

As axudas serán financiadas con fondos propios e e ascenden aos 30.000 euros. O pleno da Baña aprobou inicialmente as bases de estas subvencións cos votos a favor do  PSdeG e PP e a abstención de CxG.

As axudas divídense en dúas liñas. A primeira destinada a complementar o PEL-Reactiva entre aquelas empresas que, cumprindo cos requisitos establecidos pola Deputación, non recibiron axudas por falta de fondos. A segunda destinada a impulsar a actividade económica e complementar as axudas xa outorgadas no ano 2020. Estas bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e someteranse a exposición pública durante un mes, antes da súa aprobación definitiva.

O alcalde, José Antonio Pereira, recordou que as bases contaron con aportacións dos tres grupos municipais. O PP considerou “benvidas estas bases, despois de ano e medio de telas solicitadas”. Pola súa parte, CxG, indicou que as axudas son “moi necesarias” pero considerounas unha “medida insuficiente, pola cantidade, e tardía”, motivo polo que se abstiveron na votación.

Polígono industrial

O plan de sectorización para poder desenvolver o polígono industrial da Baña foi aprobado por unanimidade. Contemplado xa no PXOM de 2016, coa aprobación no pleno introdúcense as correccións solicitadas pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo en maio deste ano.

Modulo técnico de atletismo

A moción de urxencia presentada por Compromiso por Galicia solicitando a creación dunha escola municipal de atletismo e a creación dun módulo técnico exterior de atletismo, foi aprobada cos votos a favor de PP e CxG e o voto en contra do PSdeG.

O anteproxecto presentado pola Federación Galega de Atletismo estima nuns 109.000 euros o orzamento necesario para a creación do módulo técnico exterior que David Gontán (CxG) propuxo executar por fases na Baña.

Os tres grupos están a favor da iniciativa, incluída a creación dunha escola municipal de atletismo e unhas instalacións axeitadas para a práctica deste deporte. O alcalde, José Antonio Pereira, explicou que o goberno local “non pode aprobar unha iniciativa que implica un compromiso de gasto cando non hai partida orzamentaria” contemplada nos presupostos para levala a cabo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial