A Baña retira os fondos e pecha as contas en Abanca

0

A Baña, 17 de setembro do 2021 – O concello da Baña retirou os seus fondos, e ordenou pechas as contas, na oficina de Abanca.

Unha decisión que se toma como resposta ao pecha da sucursal de Abanca na Baña. A decisión da entidade obriga aos veciños do concello a desprazarse para realizar as súas xestións. 

Este peche englóbase nunha política de concentración por parte da entidade, que na mesma data pechou sucursais nas localidades coruñesas de Baíñas (Vimianzo), Zas e San Valentín, nas pontevedresas de Campo Lameiro e Campelo e nas ourensás de San xoán de Río, Padrenda e Quintela de Leirado, accións que os concellos afectados veñen denunciando como un desmantelamento do rural.

Coa decisión de retirar os seus fondos de Abanca, o Concello da Baña segue os pasos do de Vimianzo, que adoptou esta medida a semana pasada. Campo Lameiro, pola súa parte, declarou ‘persoa non grata’ ao máximo responsable da entidade, Juan Carlos Escotet.

Trátase dunha decisión que podería influir en outros concellos xa que algúns rexedores mostráronse nas redes sociais dispostos a seguir este exemplo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial