A Baña sen orzamentos pero con acordos

0

A Baña, 30 de abril do 2021 – O equipo de goberno da Baña non conseguiu sacar adiante os orzamentos e seguirá cunhas contas prorrogadas desde o 2017.

Lindeiros invitou aos tres voceiros da Baña, Psoe, CxG e PP,  a unha entrevista para explicar as súas razóns. Cesar Ramos de Compromiso X A Baña declinou a invitación por “non considerar que Lindeiros sexa un medio imparcial”. Andrés García Cardeso, do PP, non contestou.

O alcalde socialista, José Antonio Pereira concedeunos unha  entrevista, que se poderá escoitar completa esta fin de semana no noso podcast, e na que destaca o consenso que se da no concello en todos os temas menos nos orzamentos

Os orzamentos foron rexeitados coa abstención de Compromiso e os votos en contra do PP.

Eólicos e rebaixas de impostos

A Corporación leu o manifesto institucional A prol do Concello da Baña libre dos parques eólicos no que os tres grupos políticos amosan o seu rexeitamento á instalacións de parques eólicos no municipio (de xeito especial ao de Troitomil) e apoian ás asociacións de veciños de Cabanas, Fiopáns, Lañas e San Mamede do Monte que no mes de marzo solicitaron o apoio do Concello para opoñerse a instalacións que se prevé construír en Troitosende.

Tamén por unanimidade, aprobouse rebaixar o recibo do IBI a dúas explotacións gandeiras do municipio e modificar o proxecto de pavimentación dunha vía pública en Nantón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial