A Baña tamén quere máis persoal sanitario

0

A Baña, 1 de decembro do 2020 – Despois de coñecer as melloras que nas próximas semanas terán os centros de saúde de Ordes e Oroso, A Baña recupera as reivindicacións de máis persoal para o seu.

Antes da pandemia, en xaneiro de este mesmo ano, o concello da Baña reunía diante do Centro de Saúde a políticos e veciños para pedir melloras. As reclamacións seguiron todo o ano e mesmo en setembro pedían que se cubriran as ausencias de pediatría.

Centro de saúde da Baña

Agora o concello ven de remitir un escrito ó director de Atención Primaria de Santiago, Felipe Calle, e outro a Eloina Núñez, Xerente da Área Sanitaria, informando do colapso que sofre o centro de saúde municipal pola corenta de parte do persoal sanitario. O alcalde, José Antonio Pereira, reclama nas misivas que se reforce servizo médico e o de atención telefónica.

Pereira explica que as actuais circunstancias fan que o persoal “non sexan quen de atender a todos os doentes que necesitan citas ou consultas”. Por iso, e facéndose eco do malestar e os prexuízos que a situación lle está ocasionando á veciñanza, reclama máis recursos que permitan atender os servizos presencial e telefónico do centro de saúde da Baña.

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial