A Baña tamén terá unha San Silvestre

0

A Baña, 27 de decembro do 2021 – O novo equipo de goberno da Baña segue os pasos de outros concellos e organiza unha San Silvestre festiva para o 31.

A San Silvestre na Baña non terá carácter competitivo. Serán catro kilómetros de percorrido co obxectivo de fomentar hábitos saudables combinando a práctica deportiva e a diversión.

Desde o concello anímase a todas as persoas participantes a que acudan disfrazadas á saída, programada para as 17.00 horas dende a Praza do Concello.

As persoas interesadas en correr esta I San Silvestre da Baña deberán inscribirse previamente mandando un correo a deportes@concellodabana.gal ou un WhatsApp ao número de teléfono 669 368 413. Nas súas mensaxes terán que facer constar nome, apelidos, DNI e número de teléfono. Os menores de 12 anos deberán correr na compaña da súa nai, pai ou un/ha titor/a.

Seguindo as recomendacións fronte a Covid 19, a saída efectuarase coa máscara posta e só poderá baixarse unha vez se logre manter a distancia interpersoal de metro e medio co resto das/os corredoras/es. Dende a organización da carreira, lembráselle ás persoas participantes que se aplicarán os protocolos de seguridade establecidos polas autoridades sanitarias en función da evolución da pandemia e que terán que cumprir en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e actividades deportivas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial