A Banda Recreativa e Cultural da Bandeira soa a ruso en Silleda

0

Silleda, 9 de decembro do 2021 – A  Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira conmemorará este sábado a festividade de Santa icía cun concerto dentro da programación de Nadal de Silleda.

Os clásicos rusos serán os protagonistas do concerto da banda de Bandeira. A cita a partir das oito da tarde no auditorio Manuel Dopazo. A entrada é de balde ata completar aforo.

Ademais da Recreativa e Cultural da Bandeira, baixo a batuta de Manuel Paino, actuarán a Banda de Veteranos da agrupación (dirixida por Miguel Rodríguez) , a Banda Infantil, a Xuvenil (baixo a dirección de Serxio Rodríguez), e os alumnos e alumnas de Música e Movemento.

A música de Tchaikovsky, Prokokiev ou Shostakovich, entre outros, sonará este no auditorio municipal da Bandeira, no que é tamén o regreso a este escenario da agrupación dende o inicio da pandemia.

Este venres día 10 abrirase tamén en Bandeira o Belén Tradicional do Centro Cultural Vista Alegre, a última hora da tarde. A programación no auditorio continuará a vindeira semana, o venres 17, ca representación da obra teatral “Rosalía”, de Culturactiva, (18:00 horas) unha proposta teatral para o público familiar que narra a infancia a célebre escritora galega.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies