A bisbarra prepara as rúas para o Nadal

0

Bisbarra, 22 de novembro do 2021 – O Nadal chega cada ano un pouco antes e algunhas vilas da bisbarra invitan aos veciños a colaborar decorando as casas.

Negreira, a Pobra ou Padrón teñen en marcha concursos que axuden a engalanar a vila de cara ao Nadal. Esta costume moi estendida en outros países ten cada vez máis adeptos na nosa terra.

Negreira

o concello da Barcala organiza o II Concurso de decoración de Nadal. O obxectivo é contribuír “á participación activa do pobo de Negreira na tradición do Nadal e á posta en valor do comercio, a hostalaría e o patrimonio cultural”.

Pódese inscribir un mediante un email, cultura.deportes@concellodenegreira.es,  indicando o nome, apelidos e DNI da persoa representante, teléfono, correo-e, e o enderezo da vivenda ou establecemento onde se levará a cabo a decoración obxecto do concurso.

Como é lóxico hai que incluír tódolos datos precisos para a súa localización, así como o nome do establecemento na categoría de establecementos. Como alternativa, tamén se poderán realizar as inscricións de luns a venres non festivos de 9:00 h a 14:00 h na Casa da Cultura, ou no número de teléfono: 981 885 886.

A Pobra

O concello do Barbanza tamén organiza por segundo ano o Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas. Agárdase supera-las 35 inscricións acadadas na pasada convocatoria. Establécese un premio por cada parroquia, consistente nunha cesta do Nadal valorada en 300 euros e composta de produto local, contribuíndo así á dinamización e posta en valor do comercio de proximidade.

As bases completas están ó dispor na páxina web www.apobra.gal e as solicitudes de inscrición serán remitidas ó correo electrónico turismoecomerciodapobra@gmail.com ou chamando ó teléfono de contacto 981843280, marcando a extensión 2035. Indicarase o nome e o documento de identidade da persoa participante, o enderezo do balcón, fiestra ou fachada e o número de teléfono. A data límite para se anotar é no 30 de novembro.

Padrón

A capital do Sar denomina ao seu certame Nadal na rúa e ben de modificar as bases de participación. Se ata o de agora estaba aberto a particulares e a empresas, agora tamén poderán participar asociacións sen ánimo de lucro, colectivos, entidades culturais ou centros educativos de Padrón. Todos deberán anotarse de forma gratuíta na Oficina de Turismo de Padrón antes do 1 de decembro.

Este cambio supón crear unha nova categoría no certame: particulares, empresas e colexios/entidades sen ánimo de lucro; así como sumar un premio máis: 400 euros para a empresa gañadora, 250 euros para a decoración particular de casas, 150 euros para a decoración particular de pisos e 200 euros para asociacións sen ánimo de lucro, colectivos, entidades culturais ou centros educativos. As contías dos premios deberán ser gastadas no comercio e na hostalería local antes do 30 de xaneiro de 2022.

Para poder participar, as creacións deberán ser visibles dende a vía público dende o 10 de decembro de 2021 ao 6 de xaneiro de 2022, ambas as dúas datas incluídas. As persoas participantes deberán enviar 2 fotografías da decoración, unha de día e outra de noite, a turismo@padron.gal antes do 10 de decembro. Iso si, as creatividades non poderán nin interromper a actividade cotiá, nin ocupar a vía pública nin causar perigo ás persoas ou bens.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial