A Casa do Lagoeiro, orden e concerto

0

A Estrada, 19 de agosto do 2020 – Visitamos a Casa do Lagoeiro na Estrada, unha forte aposta pola restauración e a cultura nun dos anos máis complicados que se lembran.

A Casa do Lagoeiro data de finais do século XIX. Era a vivenda do lagoeiro, o responsable de mantemento dos camiños e da vila como hoxe o son as brigadas de obras municipais. Co paso do tempo o inmoble foi tendo engadidos e no ano 2005  recibe unha importante reforma para comezar a funcionar como casa de turismo rural. Hai cinco anos paralizouse esa actividade e a casa foi alugada de xeito esporádico para eventos ata este 2020.

Falamos con Alejandro Brey, é o responsable da Casa do Lagoeiro e forma parte do grupo Senra Café impulsor do proxecto. O proxecto nace coa intención de levar a hostalería do Tras Deza un paso máis alá, combinando restauración e turismo rural.

O local, como explica Alejandro, transmite tranquilidade. Non é só o coidado co que está reformado e decorado, é o lugar en si mesmo. Esa paz motivou un proxecto que reforzara ese ambiente

A Estrada é un concello, e unha contorna, para descubrir. Desde o salmón á sidra, de Callobre a Sabucedo, é un lugar para poñer en valor

Unha cociña cercana

Óscar Durán e Andrea Viqueira son os responsables dos fogóns. Despois de estudar e traballar por todo o territorio nacional afrontan un proxecto no que combinan a cociña tradicional cun novo enfoque

tartar de tomate

pese ao pouco tempo que levan, un mes escaso, teñen xa unha certa clientela que volve de cando en vez a comer ou cear. A contorna da ademais a posibilidade de por en valor a produción local, é tamén un xeito de apoiar ao pobo que os acolle

tarta de chocolate e frambuesa

O restaurante ofrece unha boa carta pero tamén un menú degustación co que coñecer de primeira man todo o que estes dous cociñeiros son capaces de ofrecer. Si somos un grupo numeroso poderemos ademais sentarnos á impresionante mesa redonda para 12 comensais feita con madeira de sobreira.

Os Solpores do Lagoeiro

Ademais do turismo rural e a restauración a Casa do Lagoeiro está levando a cabo o ciclo Solpores do Lagoeiro, unha programación que naceu de súpeto para converterse nunha referencia este verán. Un proxecto con nomes como Marlango, Luís Piedrahita ou Mikel Eretxun e que naceu nunha semana

A programación e unha aposta moi forte nun ano moi complicado pero ao mesmo tempo reflicte o momento doce que está a vivir a cultura en Galicia

Esta semana estarán Luís Piedrahita e Marlango pero tedes toda a programación aquí e os posibles cambios ou engadidos no Facebook.

A Casa do Lagoeiro combina varias das mellores cousas que temos na bisbarra. Por un lado está o lugar en si mesmo, visita obrigada,  por outro a profesionalidade dos que a xestionan e que garante un servizo de primeiro nivel. Pero tal vez o máis importante sexa a xuventude; que existan proxectos tan importantes en mans tan novas, e non por iso menos experimentadas, fala dun moi bo futuro para o sector. Xente que pensa na contorna para compracer a veciños e visitantes, unha raiola de esperanza tan necesaria nos tempos que vivimos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial