A Casa do Patron acende o Nadal

0

Lalín, 7 de decembro do 2021 – A Casa do Patrón, na aldea de Codeseda, acende este mércores a iluminación de Nadal.

Con esta xornada de inauguración a Casa do Patrón inicia o programa de actividades de Nadal que durará ata xaneiro. Ademais da iluminación de toda a aldea, as seis da tarde, actuará o grupo de música tradicional Os Trasnos de Doade.

Música, artesanía e maxia

A programación da Casa do Patrón para este Nadal contará con visitas guiadas, ao museo e a exposicións de beléns, de martes a domingos: 10:00h a 14:00h e de 16:OOh a 19:00h.

Os domingos 12, 19 e 26 de decembro, e 2 de xaneiro de 16:30 a 20:OOh haberá un mercadillo artesanal.

O Domingo 12 dedicarase ao Camiño. As 17:00 h celebrarase un obradoiro de arte floral e as 18:00 h un concerto de “Manoele de Felisa Grupo.

O  domingo 19 será unha xornada cultural cun magosto tradicional as cinco da tarde e unha actuación da “Coral Polifónica de Lalín”  as seis.

O día máxico será o domingo 26 cun tour de lendas e contos as cinco e a actuación de “Habana Feeling” co concerto “Son do Nadal”.

Xa en xaneiro o día 2 estará dedicado aos nenos con obradoiros de Nadal desde as cinco e a actuación do coro infantil “Luis Areán” e o coro xuvenil “Xoven Voz”.

A programación rematará o mércores 6 de xaneiro, Día de Reis, cos Trasnos de Doade e cantos de Reis por toda a aldea desde as cinco da tarde. A actuación do grupo “no se que” as seis e chocolatada e apagado das luces de Nadal as sete da tarde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial