A Casalonga acende luces en contra dos proxectos para a canteira

0

Teo, 23 de agosto do 2021 – Os veciños da Casalonga mostraron a súa unión en contra do plan de restauración da canteira acendendo luces na pista que a bordea.

A veciñanza prepara unha réplica que terá que pasar polos xulgados. Mentres seguirá con mobilizacións en contra dun plan de restauración que, entre outras eivas, deixa fora a protección da lagoa restaurada de xeito natural na canteira.

Os cruces de declaracións seguen tamén arredor do canteira. Hai uns días era o Partido Popular o que lle pedía ao concello que asumira o Plan de Restauración aprobado, A este comunicado respondeu a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos cunha nota na que se opoñía a esta solución “se o Concello de Teo asumira a restauración da canteira segundo o plan previsto veríase na obriga non só de comprar os terreos con cartos públicos que engrosarían as contas dunha empresa privada, senón tamén de realizar unha inversión millonaria e irreal, asumindo tarefas que non lle corresponden a unha administración pública”.

A Plataforma pedíalle ao PP que “deixara de intoxicar” xa que “sobre eses terreos pesa un dereito mineiro que unha administración pública non ten competencias para adquirir e que ten prevalencia sobre a propiedade da terra. Mentres ese dereito mineiro non caduque, calquera empresa pode mercalo e expropiarlle ao Concello os terreos que custaron varios millóns dos petos teenses”.

Precisamente a declaración da caducidade de dereitos mineiros é unha das peticións de concello e veciños xa que a Canteira leva anos sen actividade extractiva.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial