A ciencia toma a noite

0

Compostela, 26 de maio do 2021 – Compostela será unha das vilas que participen na Noite Europea das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica que se celebra de xeito simultáneo en toda Europa.

A noite celebrase o último venres de setembro, día 24, e chega á súa sétima edición. Xunto con Compostela estarán participando Lugo, Vigo, Ourense, Pontevedra, A Coruña e Ferrol.

O obxectivo de esta noite é achegar a figura da persoa investigadora no contexto galego, así como a investigación e os seus beneficios, á sociedade en xeral, prestando especial atención ás vocacións científicas. A USC toma parte, xunto con UVigo e UDC, no consocio que impulsa a G-Night ou Noite Galega das Persoas Investigadoras baixo o lema ‘Conciencias creativas’.

A creatividade e a súa relación co coñecemento científico, a ruptura de estereotipos e a interdisciplinariedade centrarán este evento de divulgación no que as actividades desenvolveranse fóra dos laboratorios e en contextos informais como rúas, prazas, museos, praias ou bares nun ambiente festivo. Relatorios, conferencias, obradoiros, rutas científicas, teatro, música, experiencias ou experimentos integran a oferta da G-Night, alén de dirixirse a todo tipo de públicos con independencia da súa formación e coñecementos.

Que significa investigar, a figura da persoa investigadora ou o día a día no laboratorio serán algunhas das cuestións abordadas xunto con como a ciencia chega á industria ou    como impacta nas nosas vidas. Outros dos temas tratados serán a innovación cara un mundo máis verde, as ameazas e a loita contra o cambio climático, a economía circular ou o papel da cidadanía ante estes retos de futuro.

Aínda que será na noite do 24 de setembro cando se celebren a maioría de actividades programadas co gallo da G-Night, ese mesmo día pola mañá, e por mor da pandemia, están previstas de xeito excepcional diversas accións en centros de ensino, co obxectivo de evitar aglomeracións de público escolar no horario de tarde-noite. Precisamente o alumnado dos centros escolares galegos de primaria e secundaria, será o primeiro, a partir da próxima semana, en gozar coa celebración dunha vintena de pre-eventos, actividades divulgativas, que teñen o obxectivo de difundir a celebración do 24 de setembro.

Cun financiamento de preto de 154.000 euros, procedentes do programa marco H2020, a través das Marie Sklodowska-Curie Actions (MSCA), as universidade de Santiago e A Coruña, o Cesga, a Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia e Instituto de Investigacións Mariñas, o Centro Oceanográfico de Vigo (IEO, CSIC), Gradiant, Itmati, Inibic e Sebbm, integran o consorcio, coordinado pola UVigo, que desenvolverá a Noite galega das persoas investigadoras, que ademais de nas cidades galegas, celebrarase de xeito simultáneo en máis de 360 localidades de toda Europa.

No ano 2019, máis de millón e medio de persoas, de máis de 400 cidades de case unha trintena de países europeos, participaron na Noite europea das persoas investigadoras, na que ademais tomaron parte máis de 36.000 investigadoras e investigadores. En 2020, o evento celebrouse de xeito virtual cun total de 52 ‘Noites’ en 29 países.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial