A comarca do Sar quédase sen plan de emprego

0

Bisbarra, 4 de febreiro do 2021 – A Xunta denegou a renovación do Plan Integrado de Emprego 2021 solicitado polos concellos de Dodro, Rois, Padrón, Rianxo, Pontecesures e Valga.

Desde os municipios afectados consideran a perda do Plan de emprego un duro golpe dada a situación de crise actual. Lembran que na anterior convocatoria participaran 100 persoas das que 65 seguen traballando na actualidade o que reflicte, explican, a importancia de este tipo de iniciativas.

Rebaixa xeral nos programas de emprego

O alcalde de Dodro e voceiro socialista, Xabier Castro, é moi crítico co goberno autonómico. Lamenta que a Xunta “rebaixe do ano pasado a este de 5 a 1,6 millóns o orzamento para este tipo de programas, polo que as concesións pasaron de 26 a 7”. O Psoe levou o tema ao Parlamento por medio dunha pregunta pedindo unha valoración sobre “a denegación destes programas para os concellos e a concesión dun a unha entidade como a Fundación Domus VI”.

Xavier Castro, alcalde de Dodro

Enfocado na comarca

O Plan de Emprego, solicitado desde os concellos da comarca do Sar, tiña en conta as necesidades da industria da zona polo que as posibilidades de inserción laboral aumentaban considerablemente.

Na iniciativa rexistrada no Parlamento, os socialistas de Dodro demandan tamén información “sobre os motivos que levaron a Xunta a reducir os Plans de Emprego de 26 a 7 este ano, así como a relación das solicitudes procedentes dos concellos que foron denegadas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial