A concellaría de cultura de Noia presenta a programación de Nadal

0

Noia, 30 de novembro do 2021 – O concelleiro de cultura de Noia, pepe Pérez, presentou este luns a programación de Nadal do seu departamento.

Música, cine, obradoiros, exposicións e actividades de rúa animaran a vila desde este venres ata xaneiro. A entrega do XIX Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos ou a exposición de cadros bordados de Ana Blanco completan a oferta cultural.

Música desde este venres

O Coliseo Noela acolle este venres o concerto de Elefantes que servirá para abrir a programación de Nadal do departamento de Cultura de Noia. Tras dous anos de silencio, os barceloneses volven cun espectáculo no que repasan 25 anos de traxectoria.

O serán da Noiteboa as rúas encheránse de cantos de Nadal. Desde as seis o Grupo de Música Tradicional Cherumia, da Sociedade Coliseo Noela, levará a súa voz por todo o casco vello da vila.

O 17 de decembro o concerto acústico de Marwan terá lugar no Coliseo Noela a partir das dez da noite. Unha noite especial na que o escritor e cantautor achegará os temas do seu novo disco “El viejo boxeador” de xeito máis íntimo.

Teatro

O teatro será outra das artes con presenza na programación de Nadal. O día catro serán Producións Excéntricas as que acheguen a Noia A Estrela do día. O 26 de decembro será un musical o que ocupe o Coliseo Noela, a compañia Teatro Avento porá en escea El libro de la selva. Os gañadores do Premio Manuel María para Textos Teatrais, as compañóa Incendiaria e A Quinta do cuadrante, presentarán a obra premiada, A lúa vai encuberta, o 18 de decembro. The Show Moscón de Galitoon será a cita do 26 de Nadal coa que rematará a programación teatral.

Cine

O cine achegará á vila cintas como “Maléfica: maestra del mal”, “Santa Claus & cia”, “Richard Jewell” ou “Onward”. Todos os pases son de balde aínda que hai que solicitar a invitación na conta de correo culturaconcellodenoia@gmail.com.

O concelleiro de cultura de Noia, Pepe Pérez,  explica que “se trata dunha programación moi centrada nos nenos, con cine e teatro pensado para eles”. A música según o concelleiro si que está pensada para un público máis maior e pensado para atraer xente de fora “Elefantes dará o único concerto de Galicia en Noia, ten as entradas esgotadas e según os informes de compra moita da xente e de fora o que axuda ao comercio local”.

Pérez destaca que turismo e cultura van da man e contribúen a dinamizar Noia. Avanza que no eido do turismo quixeron facer algo especial para acabar o ano “a vindeira semana presentaremos un vídeo que é un referencia ao comercio e a hostalería, algo que mostra o que unha persoa de fora pode atopar aquí en Noia”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies