A consellería de Política Social construirá unha residencia en Padrón

0

Padrón, 27 de outubro do 2020 – O alcalde de Padrón, Antonio Fernández Angueira, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, asinaron un convenio para a redacción do proxecto da futura residencia de maiores da localidade.

A Xunta financiará este primeiro paso con 18.000 euros. A residencia situarase na contorna da Azucarera, nunha parcela de titularidade municipal que conta con 6.000 metros cadrados. O edificio ocupará 3.000 metros cadrados e, en principio, ofertará un total de 59 prazas.

A conselleira de Política Social agradeceu ao alcalde de Padrón e a súa corporación “por continuar creando cada día novos servizos para poñelos a disposición dos seus veciños, motivo polo cal hoxe firmamos este convenio de colaboración”. Neste sentido, lembrou que este servizo sumarase a outras prestacións como o Servizo de Axuda no Fogar, o Xantar na Casa ou a Teleasistencia, que permiten que as persoas maiores poidan seguir vivindo nas súas casas.

A consellería de Política Social construirá unha residencia en PadrónO alcalde de Padrón pola súa banda explicou que a residencia dotará dun novo servizo ás persoas da terceira idade en toda a comarca de Padrón e destacou que “dende o executivo que dirixo pretendemos que este espazo se destine a actividades de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia. En definitiva, que mellore a vida dos nosos maiores dotándoos de maior calidade de vida”.

Pola súa parte, Así mesmo, a conselleira tamén fixo fincapé en que as familias do Concello de Padrón poderán beneficiarse dun servizo de conciliación no que o Goberno galego é pioneiro no conxunto de España como é a gratuidade da escola infantil para segundos fillos e sucesivos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial