A Delegación do Goberno traballa na mellora do Camiño

0

Bisbarra, 1 de febreiro do 2021 – A Delegación do Goberno analizou distintos proxectos a realizar este ano, relacionados co Camiño Xacobeo, e que afectan a varios concellos da bisbarra.

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo reuniuse para tratar estes temas coa coa directora funcional da Área de Fomento da Delegación de Goberno en Galicia, Ana Quintairos,.

Tres intervencións principais

Na reunión ambas as responsables analizaron as principais prioridades en materia de infraestruturas na provincia coruñesa recollidas nos orzamentos deste ano. Unha das liñas principais está referida ao programa de rehabilitación arquitectónica do Ministerio de Transportes, que ten como obxectivo principal a potenciación do Camiño Xacobeo.

Son catro os proxectos que se priorizarán este ano, xa que se procederá a rematar en breve a restauración da escalinata do Obradoiro e a Rexería na catedral de Santiago, que conta cun orzamento de 1,4 millóns de euros; á vez que se acometerán outras dúas obras no ámbito do Camiño de Santiago, coma son a rehabilitación e posta en valor da ponte de Furelos, en Melide, cun investimento de 285.000 euros; e a reforma do antigo edificio de Correos de Arzúa e o xardín anexo para a súa conversión en edificio de usos culturais, cun investimento que supera os 600.000 euros.

Outras actuacións

Dentro deste plan de potenciación do Camiño Xacobeo, tamén se acometerá a recuperación e posta en valor do núcleo rural tradicional de Ferreiros, en O Pino, no que o Goberno investirá máis dun millón de euros.

No programa de rehabilitación arquitectónica desenvolto polo Ministrio de Transportes este ano tamén se avanzará na tramitación da rehabilitación da sede da Real Academia Galega Galega e na restauración das murallas da cidade alta da Coruña.

Dentro do programa de actuacións incluídas no ámbito cultural, o Ministerio desenvolverá, en colaboración cos concellos, a restauración da Casa da Veeduría na Coruña, a mellora das cubertas pétreas e o sistema de evacuación de augas pluviais no Castelo de San Felipe en Ferrol, e a restauración do pavillón historicista e o muro perimetral de San Martín Pinario, en Santiago, cun investimento de case catro millóns do total de seis, correspondendo a aportación restante aos concellos, que serán ademais os encargados da contratación das obras.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial