A Deputación acomete unha nova senda peonil en Santiso

0

Bisbarra, 10 de xuño do 2021 – Santiso terá unha nova senda peonil, desde Chorén de Cruz, construída pola Deputación da Coruña na estrada provincial 7901.

A estrada é unha das principais vías de comunicación no municipio. A senda terá unha lonxitude de un kilómetro e medio e construirase na marxe dereita da calzada. A Deputación investirá no proxecto 239.216 euros.

As actuacións tamén contemplan un novo espazo para os contedores que antes invadían a calzada, melloras na rede de recollida de pluviais, así como na canalización da iluminación pública e telecomunicacións

O deputado de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, explicou que a estrada é unha das principais arterias de comunicación do municipio, xa que une a AC-840 co lugar da Cruz, onde se atopa a Casa Consistorial.

Na actualidade a veciñanza do lugar non dispón dun espazo seguro polo que transitar. A estrada ten ademais contedores instalados na calzada que dificultan a súa mobilidade e que reducen a visibilidade dos vehículos. Estas circunstancias non permiten a correcta visibilidade e supoñen un risco para o tráfico rodado e peonil.

A área de Vías e Obras da Deputación busca solucionar estos problemas coa construción de esta senda de formigón.Terá unha anchura de un metro e medio, tendo que reducirse ao metro nalgúns puntos nos que haxa algunha edificación ou peche. Discorrerá ao mesmo nivel que a propia calzada.

As actuacións permitirán crear un novo espazo para os contedores que antes se atopaban na vía, eliminándoos das zonas nas que supoñían un obstáculo para a correcta visibilidade e tránsito peonil. As tarefas incluirán o despexe e roza do tramo, así como a reposición de sinalización vertical existente.

Ademais de mellorar a seguridade viaria, esta iniciativa contempla unha renovación da rede de recollida de pluviais, coa instalación dun colector PVC baixo a senda, cos seus correspondentes sumidoiros e canais con reixa. Inclúese a reposición dunha traída de auga desde o punto quilométrico 0+100 ao 0+530. Tamén se levaran a cabo accións para canalizar a iluminación pública e telecomunicacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial