A Deputación adxudica a construción dunha senda peonil de Chorén á Cruz, en Santiso

0

Bisbarra, 18 de outubro do 2021 – A Deputación da Coruña adxudicou  por 198.699 euros a costrución dunha senda peonil para mellorar a seguridade viaria na estrada provincial DP-7901 ao seu paso polo concello de Santiso.

As obras levaranse a cabo nun tramo de aproximadamente 1,5 quilómetros metros, entre os puntos quilométricos 0+130 ao 1+600 desta vía que conecta os núcleos de Chorén e A Cruz. A estrada é unha das principais arterias de comunicación de Santiso, xa que une a AC-840 co lugar de A Cruz, onde se atopa a Casa Consistorial.

Na actualidade a veciñanza non disón dun espazo seguro polo que transitar, contando ademais con elementos como contedores instalados na calzada que dificultan a súa mobilidade e que reducen a visibilidade dos vehículos que circulan pola plataforma. Estas circunstancias non permiten a correcta visibilidade e supoñen un risco para o tráfico rodado e peonil.

Co obxectivo de dar resposta a esta situación, o departamento de Vías e Obras que dirixe José Manuel Pequeño, impulsará a construción dunha senda de formigón na marxe dereita da estrada. Esta contará cunha anchura de un metro e medio, tendo que reducirse ao metro nalgúns puntos nos que haxa algunha edificación ou peche.

A senda discorrerá ao mesmo nivel que a propia calzada. As actuacións permitirán crear un novo espazo para os contedores que antes se atopaban na vía, eliminándoos das zonas nas que supoñían un obstáculo para a correcta visibilidade e tránsito peonil. As tarefas incluirán o despexe e roza do tramo, así como a reposición de sinalización vertical existente.

Ademais de mellorar a seguridade viaria, esta iniciativa contempla unha renovación da rede de recollida de pluviais, coa instalación dun colector PVC baixo a senda, cos seus correspondentes sumidoiros e canais con reixa. Inclúese a reposición dunha traída de auga desde o punto quilométrico 0+100 ao 0+530. Tamén se levaran a cabo accións para canalizar a iluminación pública e telecomunicacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial