A Deputación apoia a programación cultural da USC

0

Compostela, 20 de novembro do 2020 – A Deputación da Coruña apoia con 75.000 euros á Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o financiamento da programación cultural, artística e científica durante o ano 2020.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o reitor da USC, Antonio López, asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades acompañados do deputado de Cultura, Xurxo Couto.

Imaxe de Santi Alvite

A Deputación destinará a este apartado 75.000 euros, un 60% do orzamento total que a USC dispón para este fin, que ascende a 125.000 euros. A USC realizou ao longo do presente ano un amplo programa de actividades entre as que destacan programas de detección e captación de talento como “A Ponte entre a USC e o Ensino Medio”, que pretende captar aos mellores expedientes académicos procedentes de Bacharelato e ciclos formativos, ou o proxecto ESTALMAT-Galicia, que  ten como obxectivo principal detectar, orientar e estimular, de maneira continuada, o talento matemático en alumnos entre os 12 e os 15 anos.

González Formoso destacou a “especial importancia de apoiar este tipo de programas de captación de talento” e tamén “o programa que desenvolveu a USC para incentivar a industria cultural galega trala COVID-19” xa que “a Deputación consideramos que o investimento en capital humano é sempre o máis rendible”.

Antonio López destacou a relevancia da cooperación entre institucións, “máis se cabe en momentos singulares como os actuais”, para unificar esforzos e así “amplificar entre a sociedade o papel que, como servizos públicos, cumprimos a prol non so da educación, senón tamén na promoción da cultura, do deporte ou a mellora da calidade de vida”. O establecemento de sinerxías “axúdanos a ser máis eficaces e rigorosos no cumprimento das nosas misións.

A colaboración da Deputación permite tamén financiar un amplo programa anual de actividades que inclúen o teatro (Festival Internacional de Teatro Universitario, Aula de Teatro…), música (encontros orquestrais de Nadal da orquestra da USC, ciclos de concertos…) Contemporánea….), arte (exposicións como ‘A conciencia de razón’ ou a de Alfonso Costa) ou o plan de posta en valor e musealización do patrimonio histórico-artístico da USC. Ademais, tamén serve como apoio a congresos, seminarios e ao programa universitario de maiores que chega ao seu cuarto ciclo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial