A Deputación apoia a remodelación das Casas da Cultura de Ames

0

Ames, 30 de abril do 2021 – O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, visitou as instalacións das Casas da Cultura de Ames, Milladoiro e Bertamiráns, que serán obxecto de importantes actuacións.

O Vicepresidente xunto co deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, reuníronse co alcalde e co primeiro tenente de alcalde, Blas García e David Santomil, e coa concelleira de Cultura, Natividade González, nunha xuntanza en que abordaron as distintas vías de colaboración institucional para logo visitar a Casa da Cultura do Milladoiro.

O alcalde de Ames, Blas Garcia, destacou a colaboración institucional para o desenvolvemento de proxectos de especial relevancia no concello

Pola súa banda, Xosé Regueira, pediu a implicación da Xunta no fianciamento dos concellos e destacou a aposta por proxectos culturais desde a Deputación

Cunha visita á Casa da Cultura do Milladoiro, o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, xunto co deputado de Contratación e Patrimonio, puxo fin ao encontro co Goberno municipal de Ames, nunha xuntanza en que participaron distintos membros do goberno e representantes dos grupos políticos da oposición e na que se avaliou a colaboración institucional en proxectos de especial relevancia para o concello como son a mellora das dúas Casas da Cultura nas que se executarán obras por valor de preto de 300.000 euros.

Apoio continuado

O Concello de Ames recibiu máis de 8,5 millóns de euros a través do Plan Único da Deputación da Coruña desde a súa creación en 2016, un orzamento por medio do que se financiaron máis de 61 obras. Na proposta de actuación de 2021, ademais das obras de mellora da Casa da Cultura de Bertamiráns, realizaranse melloras térmicas e acústicas no pavillón polideportivo do Milladoiro, a reurbanización da rúa Horta de Abaixo (Bertamiráns), mellora da accesibilidade no recorrido de conexión entre a rúa do Rego e a Travesía do Porto (O Milladoiro), así como melloras de estradas e accesos en Pedras (Ames), Eirapedriña (Bugallido), Vilar-Quintáns (Ameixenda) e Trasmonte. Nestes proxectos investiranse un total de 1.152.131,60 euros.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial