A Deputación construirá unha senda peonil entre Outeiro e Costoia, en Ames

0

Ames, 22 de outubro do 2020 – A Deputación da Coruña inviste 184.547,41 euros, a través do Plan Único, para mellorar a seguridade viaria coa construción dunha senda peonil en Ames.

Esta senda conectará as aldeas de Outeiro, na parroquia de Bugallido, e de Costoia, na parroquia de Biduído. As tarefas permitirán construír unha senda peonil de 1.115 metros de lonxitude dividida en sete treitos. Os traballos contarán coa colocación de 1.335 metros de bordo de formigón prefabricado (1.115 metros entre senda e calzada e 220 metros para a protección de taludes), dez centímetros de zahorra e doce de formigón. Inicialmente tamén se contempla a construción dun muro de 100 metros de lonxitude e de 1 metro de alto para a contención de terras e a colocación dunha varanda metálica para protección.

A Deputación construirá unha senda peonil entre Outeiro e Costoia, en Ames

Aldea de Costoia

Á súa vez, previo á execución do pavimento, levarase a cabo a canalización da tubería de PVC e executaranse 32 pozos de rexistro con sumidoiro para recollida de augas pluviais. Tamén se realizará a canalización de tubo de polipropileno verde para iluminación pública. Asemade, a obra contempla a reposición do pavimento afectado pola súa execución e a adaptación de pozos e arquetas que xa había á nova rasante, así como o traslado de postes.

O concelleiro de Obras e deputado provincial, Blas García, afirma que esta obra “vén a unirse a outras que levamos realizando xa no noso concello, tanto no anterior mandato como no actual, e que consiste na canalización de cunetas para a construción de sendas peonís”. A senda da Condomiña, a de Vilouta (Tapia), Eirapedriña e Framán (Bugallido), Biduído de Abaixo, primeiro tramo da estrada de Lapido, etc. xa construídas, xunto coas de Sisalde a Agro do Muíño, e Lapido a Maguxe (Ortoño), Ventín a Coira (Biduído) xa proxectadas e orzamentadas, forman parte da futura rede de conexión peonil de núcleos do concello, explica Blas García, “con esta rede peonil pretendemos unir e darlle conexión peonil a diferentes núcleos do noso municipio para facilitar o tránsito a pé con seguridade”.

Esta actuación atende a unha vella demanda da veciñanza da zona, que permitirá mellorar a seguridade peonil nesta estrada que conecta o municipio de Ames co veciño Santiago de Compostela. Os traballos contarán cun prazo de execución de 6 meses.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial