A Deputación licita unha nova senda peonil en Boqueixón

0

Boqueixón, 4 de novembro do 2020 –  A Deputación da Coruña saca a licitación por 291.198,29 euros a construción dunha senda peonil na DP-1201 de Rodiño a Codeso no concello de Boqueixón.

A obra levarase a cabo en dous treitos da estrada de Boqueixón, o primeiro desde o punto quilométrico 2+360 ao 2+720 e o segundo do 4+500 ao 5+200, e permitirá crear unha senda peonil de 1,8 metros de ancho na marxe esquerda da vía. Esta proxectarase mediante unha capa de 15 centímetros de formigón coloreado.

A Deputación licita unha nova senda peonil en BoqueixónCon estas actuacións o ente provincial pretende mellorar a seguridade viaria desta estrada, garantindo a coexistencia entre peóns e automóbiles, mellorando deste xeito de forma importante as súas condicións e funcionalidade.  Conxuntamente coa construción da senda, executarase un bordo de formigón no exterior da mesma e reporanse as beirarrúas cunha capa de 10 centímetros de formigón coloreado das mesmas características da senda adxacente.

A rede para a recollida de pluviais resolverase mediante un colector en PVC baixo a senda proxectada e arquetas con sumidoiro. A rede de servizos completarase mediante a canalización para a iluminación pública baixo a senda.

As obras teñen un prazo de execución de seis meses a partir do seu inicio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial